jueves, junio 25, 2009

Sobre a folga do metal en Vigo


Sinto dicir que é moi difícil apoiar unha causa dun sector cando en medio deles hai uns desalmados que se dedican a rebentar as manifestacións, con actos coma os de onte co autobús queimado ou hoxe co que vou contar. Se habitualmente non estou dacordo en que para defender os dereitos duns teñan que ser prexudicados os doutros, e tendo recordos recentes dos altercados dos que me é moi difícil esquecer das anteriores negociacións, teño que dicir que para apoiar a causa é preciso ver como actúan os dous bandos na rúa, e polo meu traballo, véxome obrigado a velo, xa que recorro a cidade por moitas rúas, tódolos días.

O que vou contar ocorreu hoxe as 10.30h da mañá na rúa Elduayen, o comezo antes da curva que leva o Sireno, cando andando vexo a un encapuchado tirando as vallas das obras e os contentores, nada fora do normal nestes casos, e do que non vou dicir nada, pero nese momento a xente empezou a berrar desde os balcóns e as fiestras, que parase, que non fixera iso, e comezaron a chamarlle “delincuente”. O estar só, xa que era a cabeza do pelotón, que o seguía mais atrás, a emprendeu coa primeira víctima mais cércana, a que estaba na porta da farmacia, metendo unha das vallas de obra na farmacia e de paso empuxando e golpeando a farmacéutica con ela, mentres outros dous farmacéuticos, un home e unha muller, no balcón do piso darriba intentaban parar a este desalmado ameazándoo co primeiro que colleu, unha maceta que non lle chegou a tirar. Foi nese momento cando chegou outro encapuchado e empezaron a tirarlles pedras a estes dous farmacéuticos, e dándolles en repetidas ocasións, mentres a xente berráballes que parasen, que eran traballadores igual que eles, que eran uns delincuentes, que iso non era democracia, que así non conseguirían o apoio da xente, e o único que se lle ocorreu dicir foi, hai que acabar co capitalismo! E encarouse coa xente ameazándoa con golpeala, en especial un home duns sesenta e moitos anos, o que non se botou atrás, e o que tiveron que sacar dalí, e é que xa se sabe que cando faltan argumentos, o máis fácil é acudir a violencia. Logo disto, seguín andando ata a Porta do Sol, e vímonos en medio do campo de batalla, tirando bolas de goma e pedras dun lado o outro. Cando o lance de obxectos rematou, os resultados foron, unha señora chorando cun ataque de nervios, un contentor ardendo, o lado do Frutas Nieves, onde se aparcan as motos, as que tivemos que sacar para que non arderan por completo, xa que as tres primeiras quedaron danadas e medio derretidas, pregúntome quen llas pagará, ou se fose a miña, que moitas veces a aparco alí. Logo volvín o Concello pola rúa II República seguindo a parte deles, que ían incitando a xente para que se unira a loita e tirándolle unha pedra a unha moto da ferraxería Pracer, só por non parar diante deles, aínda que o pasar polo Paseo de Granada, diante da comisaría tirou o chan á outra que levaba.

Este é so un episodio que vivín eu nunha parte da cidade e que condeno enerxicamente coa cara descuberta, non coma eles, que intentaban calar con violencia as voces dos cidadáns que non pensaban o mesmo.

Son consciente das cargas policiais e non estou a favor delas, ademais de non ser acertadas en moitos casos. Tamén me contaron o caso dunha señora que pasaba por alí e queixábase de que recibira un pelotazo, pero tamén o dun vello o que lle machacaron o coche. Non sei, igual é porque a maior parte que vin foi a da carga dos manifestantes, aínda que tamén me coincidiu parte da policial, pero é que estou farto destas imaxes, das fogueiras e dos cortes de rúas.

Esta é a miña opinión tan respectable coma a do resto dos lectores, e quen pense que esaxero, que o pense.

Opinen...

Fdo.: Santi

lunes, junio 15, 2009

El puerto de Vigo en Repor TVE


Estos días están emitiendo en Repor de TVE un reportaje sobre el puerto de Vigo, desde el naval, el puerto pesquero al puerto de contenedores. Siempre interesante cuando se trata de Vigo.

En el siguiente enlace lo podéis ver

miércoles, junio 03, 2009

Q PASA RAPACES!


Escribo para dicir-vos que me colleron para un posto de educador en Ergue-te! Vigo. O qrre é nun piso d acollida dous fines de semana ao mes e duas horas o venres e duas o luns, así que un descanso de saídas nocturnas, que o meu estómago e a neurona agradecerá. Comezo o finde que ven. Xa vos contarei qué tal. Xa era hora, carallo!!