Sobre a folga do metal en Vigo
Sinto dicir que é moi difícil apoiar unha causa dun sector cando en medio deles hai uns desalmados que se dedican a rebentar as manifestacións, con actos coma os de onte co autobús queimado ou hoxe co que vou contar. Se habitualmente non estou dacordo en que para defender os dereitos duns teñan que ser prexudicados os doutros, e tendo recordos recentes dos altercados dos que me é moi difícil esquecer das anteriores negociacións, teño que dicir que para apoiar a causa é preciso ver como actúan os dous bandos na rúa, e polo meu traballo, véxome obrigado a velo, xa que recorro a cidade por moitas rúas, tódolos días.
O que vou contar ocorreu hoxe as 10.30h da mañá na rúa Elduayen, o comezo antes da curva que leva o Sireno, cando andando vexo a un encapuchado tirando as vallas das obras e os contentores, nada fora do normal nestes casos, e do que non vou dicir nada, pero nese momento a xente empezou a berrar desde os balcóns e as fiestras, que parase, que non fixera iso, e comezaron a chamarlle “delincuente”. O estar só, xa que era a cabeza do pelotón, que o seguía mais atrás, a emprendeu coa primeira víctima mais cércana, a que estaba na porta da farmacia, metendo unha das vallas de obra na farmacia e de paso empuxando e golpeando a farmacéutica con ela, mentres outros dous farmacéuticos, un home e unha muller, no balcón do piso darriba intentaban parar a este desalmado ameazándoo co primeiro que colleu, unha maceta que non lle chegou a tirar. Foi nese momento cando chegou outro encapuchado e empezaron a tirarlles pedras a estes dous farmacéuticos, e dándolles en repetidas ocasións, mentres a xente berráballes que parasen, que eran traballadores igual que eles, que eran uns delincuentes, que iso non era democracia, que así non conseguirían o apoio da xente, e o único que se lle ocorreu dicir foi, hai que acabar co capitalismo! E encarouse coa xente ameazándoa con golpeala, en especial un home duns sesenta e moitos anos, o que non se botou atrás, e o que tiveron que sacar dalí, e é que xa se sabe que cando faltan argumentos, o máis fácil é acudir a violencia. Logo disto, seguín andando ata a Porta do Sol, e vímonos en medio do campo de batalla, tirando bolas de goma e pedras dun lado o outro. Cando o lance de obxectos rematou, os resultados foron, unha señora chorando cun ataque de nervios, un contentor ardendo, o lado do Frutas Nieves, onde se aparcan as motos, as que tivemos que sacar para que non arderan por completo, xa que as tres primeiras quedaron danadas e medio derretidas, pregúntome quen llas pagará, ou se fose a miña, que moitas veces a aparco alí. Logo volvín o Concello pola rúa II República seguindo a parte deles, que ían incitando a xente para que se unira a loita e tirándolle unha pedra a unha moto da ferraxería Pracer, só por non parar diante deles, aínda que o pasar polo Paseo de Granada, diante da comisaría tirou o chan á outra que levaba.
Este é so un episodio que vivín eu nunha parte da cidade e que condeno enerxicamente coa cara descuberta, non coma eles, que intentaban calar con violencia as voces dos cidadáns que non pensaban o mesmo.
Son consciente das cargas policiais e non estou a favor delas, ademais de non ser acertadas en moitos casos. Tamén me contaron o caso dunha señora que pasaba por alí e queixábase de que recibira un pelotazo, pero tamén o dun vello o que lle machacaron o coche. Non sei, igual é porque a maior parte que vin foi a da carga dos manifestantes, aínda que tamén me coincidiu parte da policial, pero é que estou farto destas imaxes, das fogueiras e dos cortes de rúas.
Esta é a miña opinión tan respectable coma a do resto dos lectores, e quen pense que esaxero, que o pense.
Opinen...
Fdo.: Santi
8 comentarios:
Bueno Santi, aí te vai a minha opinión. Comezemos por partes:
O teu apoio a unha causa non debería estar condicionado a que nesa causa haxa uns desalmados,como dis tí,que se adican a rebentar manifestacións, senon á xustiza desa loita. Pero comezemos polo principio: á hora de negociar o convenio os empresarios "ofreceron" a conxelación salarial. Asimesmo estaban e están a contratar man de obra á que lle pagan menos e tirando das horas extras para non contratar xente. Escudándose na crise queren facerlla pagar aos traballadores, a historia de sempre. A día de hoxe os sindicatos están a pedir unha subida do 6%, uns 60 pavos ao mes. Non creo que sexa tanto pedir.
Dis que habitualmente non estás dacordo en que para defender os dereitos duns haxa que perxudicar aos dos outros e eu te respondo que nesta sociedade os dereitos duns poucos pasan por perxudicar á maioría ou indo a un exemplo máis concreto para que o presidente da patronal ASIME tenha un chalé con piscina,un carro de puta nai e un feixe de cartos no banco un obreiro ten que suar a pinga gorda( non pensedes mal!!)por mil pavos ao mes ou milcatrocentos ( case 60 h semanais). A non-vida, vamos.É a puta sociedade clasista na que vivimos. O obreiro,o estudante,o inmigrante sempre tivo e ten que saír á rúa para defender o seu, é o noso espacio porque nos despachos non pintamos nada.É na rúa onde se nos ve e escoita!! E neste sentido o metal é un sector exemplar na defensa dos seus dereitos.
Respecto ao que contas: ignoro os motivos de que ese chinho tirara vallas e contendores, se para obstruír o paso das grilleiras ou liala porque sí ( hai xente que a lia porque sí, ben o sabemos..). De todas formas faime gracia o da xente increpando nos balcóns e chamando delincuente a un tipo que volca uns contenedores e tira umhas vallas. Farán o mesmo cando os bancos lles suban as hipotecas, cando o Estado lles aumente os impostos, cando lles conxelen o salario para saír da crise,cando Fenosa lles roube( bueno isto seguro que sí..jajaja!!). Digo isto pq Elduayen me parece umha zona de traballadores e pensionistas....inda que xa sabemos o impacto dos medios de comunicación (empresas)na cabeza das persoas...pero bueno, isto xa sería outro tema. Dito isto non aplaudo a acción do encapuchado , bastaba con ignoralos e seguir ao seu rollo pois o inimigo é a policía, que son os que levan as armas.
A senhora con un ataque de nervos, pois que queres que che diga, que non se meta no fregao, e seguro que non chora tanto cando ve no telexornal a 40 senegaleses afogados no estreito. Non olvidemos que moita xente é imbécil e esaxeradérrima. Respecto o das motos, dacordo é umha putada pero non é moi intelixente deixalas aparcadas nun contexto de disturbios ou de previsión deles ( un ten q saber na cidade na que vive). O da moto non sei por qué non parou, ainda que tirarlle pedra non me pareza ben. De todas formas nada comparable a se che dá o alto a policía e non paras: persecución e marronazo seguro.
O de que condenas enérxicamente e a cara descuberta,non coma eles, sona a rollo Asociación Victimistas del Terrorismo, totalmente macho. Non sei se condeas enerxicamente a todo aquel que se tapa a cara e a monta ou só a estes en concreto, inda que moito me temo que é a primeira opción. Creo que umha persoa ten dereito a defenderse e se te sacan a porrazos da Praza de América ou se che tiran pelotas e gases tes dereito a respostar. Nun sistema como o noso no que a resposta é delito e a violencia só se lle permite á policía, vexo intelixente tapar o rostro, non vas pringar porque sí. A que te refires con que as cargas policiais non son acertadas en moitos casos? En qué noutros sí? Tí non eras o que estabas en contra dos altercados e da violencia? Dis que estás farto das fogueiras, cortes de rúas e movidas e eu te digo que neste puto primeiro mundo no que vivimos nos fartamos e queixamos de/por nada. Miles de millóns de persoas sofren guerras,fame, persecución polas suas ideas,cárcere,maltrato, abusos sistemáticos,violacións,mortes,etc. E aquí nos queixamos porque hai corte de ruas e non vou chegar a recoller ao meu fillo Fernandito a la escuela y entonces no podré ir luego al super y tendremos que comer las sobras de la cena del día anterior.
A tua opinión é respetable,o que non é respetable é o que fixeches logo. Se un cre que algo está mal debe actuar por él mesmo,botarlle un par de collóns, non "ir á profe", iso é de chivatos. O calabozo é moi claustrofóbico e o trato dista bastante de ser bó, digocho por experiencia.
Esta é unha folga por motivos alleos aos traballadores. Unha folga manipulada pola UPG-CIG para o seu consumo interno. A día de hoxe non ten xustificación ningunha. Lamentable que tanto CCOO como a UGT se deixen arrastrar pola CIG
sigue sonhando, facha. Os obreiros non se deixan manipular, e loitan contra os represores aos que apoias. Tranquilo, que os que venceremos somos nós, fascista.
Boas de novo
Non comparto moitas das opinións que vertes eiquí, pero gracias polo de macho. Tampouco o do anónimo que para dar a súa opinión ten que chamarlle facha ou fascista o outro. Tamén penso que fas bastante demagoxia, ainda que non quere dicir que o mellor eu tamén. Pareceme incrible que teña que coidar onde deixo a moto, cando a deixo nun sitio do mais tranquilo, onde non molesta, ainda que é mais fácil botarlle a culpa os donos das motos, que o que lle pranta lume o contentor que está o lado destas, parecerache normal vamos.
Pois si estou en contra de todo o que tapa a cara para calquera cousa, porque debo ser un soñador e penso que ninguén debería facelo, a policía tampouco, que, a pesar de levar armas non os considero o "inimigo", e si, son o que está sempre en contra da violencia, igual nese momento móveume a rabia pero e que non quero que lles consintan determinadas actuacións e non encontro outra forma de detelos. Ainda que xa sei que a violencia xera mais violencia, como evitalo? pois eu non teño a solución, mais non me compares os problemas do tercer mundo tampouco, ou dos senegaleses cos do primeiro, facendo mais demagoxia, pois esta xente, que ten un dos mellores convenios do país, soe acadar os seus obxetivos desta guixa, e así é como o conseguiron, vendose beneficiados o resto dos traballadores do sector e, a vez, perxudicados, pois teño unha parella de amigos, que ti coñeces ben, e que non están dacordo coa folgas, pois estálles perxudicando e eles non teñen nin voz nin voto neste asunto, teñen que deixarse levar. Xa levan perdido cos paróns máis do 6%, que a suba que reclaman, eu pensaba que era o 4. De todas formas, hay moitos sectores nas que non houbo ningunha suba, e o 6 e moito máis que o IPC, e a pesar de que xa sabemos como son os empresarios, as exaseracións e todo iso, aínda que penso que é polos dous bandos, sí se lle está facendo dano a imaxe de Vigo, e para o sector, que pode influír directamente nos inversores e nos posibeis contratos futuros.
Coñezo un caso dun rapaz que acaba de rematar un ciclo e vai a entrar a traballar como soldador, e cobran de base moi ben, mil e pico euros o que despois van sumando coas experiencia e horas, ata acadar en moitisimos casos sumas de case dous mil euros, pois ben, non coñezo outro traballo en Vigo onde se cobre iso con ese tempo de estudo.
Teño amigos con moitos estudos que están cobrando 800 €uros o mes e en practicas, telecos e enseñeiros e aínda que imaxino que a tua resposta será que teñen que loitar contra isto e estou dacordo, preguntome se todo-los sectores deben facelo da mesma maneira, e a vez os que teñen que ir a recoller o seu fillo Fernandito o colexio, ou ir a recoller a avoa o hospital, o os que saen correndo do traballo xq so teñen uns intres pra entregar uns papeis dunha subvención na Xunta que se fodan, e de paso, éstes tamén que entrén de novo na Xunta, esnaquicen todo, ou no cruceiro, ou no salón do automóvil, total, os seus dereitos valen máis que os dos demais, creo entender. Isto non é o tercer mundo e penso que hai que velo con outros ollos, pero habería moito que falar, igual eu estou moi condicionado pola miña condición de fillo de xefe, pero te aseguro que levei moitos paos por ambolos dous lados, xa que estiven nos dous, e non me poño nin da parte da patronal nin dos sindicatos. Pido desculpas se hai algún erro de comprensión ou ortográfico pero non teño tempo a correxilo.
Saúdos.
A ver, penso que ao lado dun contendor non é o sitio máis tranquilo onde deixar a moto nun contexto de disturbios ; é ao que me refería. E como se pos unha vaixela de porcelana ao paso duns elefantes e pretendes que quede intacta.
Non me quero extender moito pero que é a violencia? A violencia é inherente aos animais: do león ao gorila e do tigre ao humano. Todo animal loita polos seus. O gorila ao que lle arrebatan os cazadores á sua filla emprega a violencia como autodefensa, o que vexo totalmente natural. Tí me dirás que somos humanos civilizados e nos temos que guiar pola razón e eu te respondo que o sistema, os poderosos, os adinerados, os que viven de puta nai mentras tí te pudres de noxo nun curro que detestas eses son os que tenhen o monopolio da violencia, a violencia do puto sistema capitalista Isto non é demagoxia: é a crúa realidade e tí sabelo.
Cando un vai á folga súponse que é para mellorar as condicións laborais de todos e a forza ten que ser a unidade, un sempre fai sacrificios.Que queren os teus colegas;non perder cartos suponho, pero a que cando se chegue ao final da folga quererán o novo convenio asinado?? O dinheiro recupérase no segundo ano, polo que me contaron e tendo en conta que queren asinalo por 3 sería unha victoria por 2 anos.Se os nosos antergos non tiveran loitado seguiríamos traballando 16 horas diarias como putos escravos( por certo, conhezo a un tipo soldador que qrra 60 h semanais e ganha uns 1400, 5.50 a hora, eu non me cambio). Dito isto no metal hai moitas profesións de risco, alta sinistralidade laboral, horas extras..O dos dous mil euros non sei, eh? Eu o que conhezo máis , que é o naval soen ser 1000, 1050 de base e logo as extras aparte, que sí que igual te tiras 11 horas todo o mes e te levantas 18oo pavos pero a parte de estar matandote estaslle roubando traballo aos que están no paro, que carallo. En fin, non creo que sexa jauja. E o feito de que haxa profesións nas que se ganhe menos non será culpa do metal, digo eu, máis ben un síntoma da merda de salarios deste puto Estado que nos rouba. E sí, ogallá que todo o mundo se moskeara e non se resignara e se liara parda e todos os políticos, burócratas, patróns, bankeiros e chorizos de garavata e bós modales se viran con 900 euros ao mes , a ver que tal lles ía. Ah, e que lle den polo kú aos sindikatos, vendeobreiros e liberados que sempre venden ao traballador e que agora van de guais para ganhar as eleccións sindicais. E non me enrollo máis.
Bueno, veo que esto está caldeado...
A mí me sorprende cómo son las cosas. Me sorprende que esta gente moste este pifostio cuando este año a ni Dios le han subido el sueldo y, mucho menos, por encima del 2% al que llegó el IPC. Pero bueno, tienen su derecho a hacer huelga pero no a destrozar una ciudad y atacar a personas...
Lo que sí me gusta de esta protesta es que alguien tenga una postura firme. En estos días se habla de abaratar el despido para facilitar el tema a las empresas. Y es lo de siempre, los trabajadores están hay para las duras y, para las maduras,ni avisan.
Hay un problema muy grave en lo que dices Santi y que me toca de cerca que es el hecho de que los universitarios no lleguen ni a mileuristas. Esto es un indicador de que el problema principal de la ecnomía española es la falta de productividad y su incapacidad para crear puestos cualificados, pero además es culpa nuestra. Los licenciados, especialmente los de letras y CC.SS. no deberíamos aceptar determinadas cosas y quizás deberíamos aprender de la gente del metal.
Lo que no es normal es que muchos licenciados acepten estar más de 3 años como becarios. Si pones sociología en Infojobs más de la mitad de trabajos son de becario y eso es porque gente con licenciaturas y másters está trabajando en puestos de responsabilidad sin cobrar.
Una cosa es quemas una ciudad y otra muy distinta es que te meen por encima y decir que llueve. Porque todo cuanto explotado y precario conozco tiene esa curiosa costumbre de disimularlo.
NHOTAR
Ben falado Nhotar!!
Nhotar,dixome a minha nai que o outro día houbo eleicións sindicais así que aí tes a máis que probable razón da convocatoria da folga.
Sabemos que o metal é un sector moi combativo e iso está de puta nai, é un exemplo para canto puto currante hai neste Estado. Non é certo que a fin sexa destrozar umha cidade e atacar persoas.A idea é manifestarse polas ruas para facerse oír e ver pero é lóxiko que se van por tí te defendas, vamos, eu vexoo así. Respecto ao que contou Santi sempre hai os mítikos ganháns que perden os papeis, iso é así.
Iker
Publicar un comentario