O adeus dun mítico:2ª parte
Morreu onte,de xeito rápido,sen sofremento e da mellor maneira que podía facelo;nos brazos da persoa que máis o coidou:a minha nai.Golfo foi un gran can,dos que te facía unha festa cando chegabas a casa,sempre alegre e carinhoso.Nos parques demostraba o seu carácter e rebeldía,lembro un día que achantou a un boxer.Foi un can libre que viviu sen correas.As poucas veces que lla ponhíamos tiraba dela ata o tope,acostumado q estaba d ir ao seu aire,pero mirando cara atrás,comprobando que vinhas.Tentou desfrutar da vida todo o que puido e estou seguro que en Cangas as cadelas do barrio Outeiro d Balea saben do que falo.Lembro tamén desta época cando se rebozaba nas algas e na merda que o mar traía.Cómo apestaba o cabrón e que mal lle sentaba que o banháramos!!.Q GRANDE!!E cando se emborrachou na casa da Ronda de Don Bosco, con ron con limón creo recordar.Q mítico!!
Eu non creo iso de que o can sexa o mellor amigo do home,pero dende logo Golfo sí que era un amigo porque como tal se comportou:fidelidade,companha,afecto,xogo,agradecemento...amor,en definitiva.De can pero amor ao fin e ao cabo,que é o que conta.Golfo,non creo no ceo nen no inferno,nen reencarnación nen hostias desas pero se estou trabucado e existe agardo que esteas no inferno cepillándote a palleiras cachondas,comendo chocolate a saco e ladrándolle a todo aquel que te queira molestar,na companha dos teus colegas palleiros.Sempre te lembrarei. GOLFO GUENAGA(Maio 1995-29 Novembro 2009)
6 comentarios:
Bajonazo terrible!
Esto para min (sin animo de ser exaserar) e o final dunha era. Un a un foron morrendo todos os nosos míticos cans, dos que podo decir que Golfo era o máximo expoñente. Mil mitiqueces con Golfo as costas.
Podo asegurar que casi se me cae unha lágrima
Descanse o mellor posible Golfo
Concordo con vós en que era un can ben simpático.
As miñas condolencias, Iker.
Unha aperta.
Era o teu can pero tamen era un pouko de todos nos.
Non en vano, se podia, sempre se ia con calqueira, inda que non foses ti.
Seguro que a sua huella quedará en todos nos por moito tempo.
Os seus andares marcarán unha epoka canina.
Sintoo a ostia Iker.
Nunka te esqueceremos Golfo.
( ARGU )
A familia saiz rodriguez coa que golfo pasou uns dias sempre o recordara cun sorriso, en especial a miña nai coa que disfrutaba duns eternos paseos.
unha aperta señor visitacion
Consternado por la noticia, estoy seguro de que pocos perros pueden decir que han tenido una vida tan completa como la del Sr. Golfo. Un mítico de Vigo.
Ánimo a la familia Guenaga!
Nhotex
Grande Golfo!
que míticas eran aquelas noites de botellón no castro antes de baixares a vinhos con Golfo mexando nas botellas e acompanhandonos ate altas horas. Era un mítico de vinhos tamén.
Sentíase que era un can feliz.
O meu sentido pésame á familia Guenaga.
Apertas Iker!!
guti
Publicar un comentario