jueves, febrero 25, 2010

A FÁBULA DE GALEGO E CATELÁN

"a fábula de galego e castelán"
Galego e Castelán son dous rapaces (poden ser rapazas, por iso de ser politicamente correctos) que vivían cada un na súa casa, Galiza e Castela, un bo día Castelán decide ir Galiza e pegarlle a Galego, deixándoo en coma e ao borde da morte. Mentres Galego estaba no hospital, Castelán decidiu facerse dono de Galiza, Galego corría risco de desaparecer debido ás feridas pero a súa fortaleza fixo que mantivese un fío de vida durante uns cantos anos. Máis tarde Galego esperta do coma pero está moi débil, as secuelas da paliza aínda se notan e non é o mesmo que antes. Entón decide comezar a rehabilitación, precisa moita axuda para poder chegar a ser o que era antes de caer en coma, mentres tanto Castelán asústase porque Galego vai querer volver a casa e el non entende o que é compartir territorio. Cando Galego comeza a recuperarse, Castelán, por medo, consegue que o hospital non rehabilite a Galego como tería que facerse, prolongando a súa recuperación, todo isto faino conseguindo facer crer que non é pola súa culpa, faino por medio doutras persoas. Isto impide que Galego se defenda lexitimamente de Castelán en igualdade de condicións. Cando Galego comeza a dar sinais de recuperación serias, Castelán asústase e no momento en que Galego lle vai devolver a Castelán todos os anos que pasou en coma, este aclara que xa que se recuperou poden vivir os dous en paz, Galego na súa casa e Castelán na dos dous, con suposta igualdade entre eles. A conclusión é que Castelán é dona do 100% de Castela e do 50% de Galiza, Galego ten só o 50% de Galiza pero é só usufructuario mentres as dúas casas están a nome de Castelán. Cando Galego pide ser dono ao 50% de Galiza, constando ambos nos documentos, Castelán evita a discusión e alega que só el pode contar nos documentos porque cambialo sería moi caro e causaría moitos problemas. Olvidábaseme dicir que a familia de Castelán alega á liberdade para que el viva en Galiza, posto que xa que estivo tantos anos, ten dereito a estar vivindo onde vivía.
Ese é o problema actual do galego, saíndo da fábula, non é obrigatorio no territorio do que se considera propio, mentres o castelán é obrigatorio en todo o seu territorio, incluído os bilingües. Tén un usufructo, a duras penas, pero a posesión tena o castelán e cando nós pedimos a igualdade plena entre as dúas línguas dinnos que iso non pode ser posto que ataca á liberdade. Tamén sucede que os mesmos que defenden o castelán impiden que poñamos unha inmersión lingüística en galego para que este recupere o seu estatus e tamén queren impedir que supere o 50% das materias na escola, algúns queren que nin sequera as troncais se dean en galego porque vai en contra da liberdade dos pais. Gustaríame dicirlle a esta xente que se sente atacada pola suposta imposición teórica do galego, na práctica poucas veces se chegou a levar a cabo, que a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias di no seu artigo 7.2: “A adopción de medidas especiais en favor das linguas rexionais ou minoritarias, destinadas a promover unha igualdade entre os falantes destas linguas e o resto da poboación ou tendentes a ter en conta as súas situacións particulares, non está considerado como un acto de discriminación para os falantes das linguas máis estendidas.”"

Esta fábula a publicou o amigo Natxo Kogito na liga expert e, ven de perlas despois dos insultos de Puta Diez hacia o nosso pobo onte á noite en CNN+.

Fonte orixinal: http://galizamonolingue.blogaliza.org/2010/02/23/

7 comentarios:

xardonmanrofer dijo...

Muy buena fábula, bien construida, muestra claramente una realidad, cruda, incomprensible e irresponsable de políticos y de gentes mal informadas.

Visi dijo...

Para Cosa Díez,do que se desprende dos seus comentarios de merda,o sentido máis peiorativo da palavra "gallego" sería algo así como "alguén sen palavra,que non cumpre o que dí,alguén de quen non se pode un fiar porque non se sabe se sube ou baixa".Topicazo de merda dumha noxenta espanholaza.

Anónimo dijo...

"alguén que non se pronuncia e elude comprometerse",dito por ela.Ademáis "Ofenderse por esto es una muestra de intolerancia, complejo de inferioridad o perturbación nacionalista",dito tamén por ela.O dito,esta tía dá noxo..iker

vanessa dijo...

Nuestros hijos no tienen que escuchar como esta inútil insulta a nuestra nación, cultura y gentes. Que alguien le haga pagar lo que ha dicho, la próxima vez que se lo cuente a su maridito en la sobremesa.

Marti dijo...

Gran noticia a xa archicoñecida gambada da Rosa Díez, que lles quede claro a os moitos galegos que a votaron a opinión que ten deles esa fascista, e que sirva tamén pra que caia a careta dos seus compinches de Galicia Bilingüe, que, como ela, consideran Galiza e calquera mostra da sua cultura como algo atrasado, a erradicar, convertindo os seus propios complexos en problema de todos.

Pablo dijo...

Esa fábula que foi publicada por Natxo Kogito foi realmente escrita por min e esta no blogue http://galizamonolingue.blogaliza.org/2010/02/23/ Teño que dicir que non teño ningún problema en que se vaia publicando, non tiña pensado cobrar por ela pero si que estaría ben una notificación para ter en conta canta xente pode lela. Agradézolle a todos aqueles que a leron e que lles gustou, espero que visiten o meu blogue http://galizamonolingue.blogaliza.org aínda que agora está de parón por temas profesionais. Moitas grazas e un saúdo.

Para máis información gz.monolingue@gmail.com

nhotex dijo...

Moi boas Pablo, xa puxemos unha ligazón ao teu blog no artículo. Parabéns polo traballo!!