lunes, noviembre 26, 2012

Viaxe a Edinburgh

Hoxe deume por reavivar a éste cadaver que en tempos foi canle de comunicación e información entre nós. CRÓNICA DA VIAXE Saímos de Vigo dirección capital do Imperio a iso das 15h.Coma sempre tarde,mal e arrastro pois quedaramos con Rafa sobre as 20h.A viaxe de ida sáldase con unha multa por circular a 156km/h por esas rectas interminables de Castilla.Tras facer o Paco Mtnez Soria na puta M-30 e ser pitado por conductores estresados ao facer unha maniobra de paso de 1º carril a 4 máis a dereita(Vigo style)chegamos a xunto de Rafa co nada desdenhable retraso de 1h e media.Paradinha a tomarlle unha e directos á rúa Churruca de Madrid onde fomos recibidos por Nhotar e Inés no seu novo lar molón.Distensión,conversas,risas e hospitalidade como non podía ser doutro xeito.Ademáis leveime un par de gallumbos de Nhotes que os merca sen fixarse na talla.Pola manhá últimas xestións produto de deixar todo pra última hora pero sen excesivos agobios.A viaxe en avión co habitual acojone no momento de despegar e aterrar.O resto ben,xogando á personaxe secreta.Destacar que Iria non se lembraba do nome de todos os continentes,motivo polo que foi xustamente vacilada.Unha vez en Escocia non tivemos problema pra chegar ao hostal.Bus na porta do aeroporto e uns brasileiros que nos indicaron a rúa onde éste se ubica.A habita do hostel de puta madre.Espaciosa e con calefa.Perfecta.Saímos dar unha volta e fomos ata o castelo.Unha vez alí fixemos unhas fotos e nunha delas rompín o peto do pantalón ao engancharme con uns pinchos de ferro ante o descojone da maléfica Iria.Logo de birras,habendo nun bar billa de San Miguel,polo que me lembrei de Guti(ao final vai ser certo iso de que onde vai triunfa),inda que afortunadamente tinhan máis(ir a Edimburgo e ter que privar San Miguel houbera tido delito) Ao día seguinte paseo polo Edimburgo vello.Cidade histórica,cuns edificios realmente bonitos,limpa,coidada e con moita zona verde.A xente educada e amable a pesar do noso inglés nivel Muzzy.Pola noite fomos ata a zona do Porto,Portobello,onde case rabeo do cheiro a peixe que había,realmente nauseabundo.Decidimos fuxir desa zona putrefacta e refuxiarnos nun bar.Guiness a 3 libras e o mítico conecta 4.Chosqueo a Iria en repetidas ocasións,agás algún pequeno despiste.Un sitio guai. Ao día seguinte decidimos ir a unha vila costeira e finalmente decantámosnos por Dunbar.Na taquilla da estación saco a relucir o meu paletismo ilustrado e espétolle a currela "Two Tickets to Durban" "?" Iria auxiliame na ardua tarefa comunicativa con nulo resultado.Finalmente a da taquilla espétanos que Durban está en Sudáfrica e que probablemente nós queiramos ir a Dunbar.O tempo botousenos enriba e tivemos que correr cual gacelas pra dar co carallo do andén:final feliz polos pelos.Xa no tren son informado de que nos quedan 9 libras pois a desastre da minha acompanhante só saíu con 30 libras,previa revelación da perda de 80 libras,aprox.Comemos de bocata e pista.Dunbar:vila marinheira,verde,coidada e pequena.Uns 2mil habitantes.Hai unha foto por aí arriba.Lugar que merece a pena visitar pero que estaba bastante morto. O derradeiro día dedicámolo a subir a Carlton Hill.Sí,fixen o baile de Carlton Banks(por se hai algún/ha despistad@ é o baile de Carlton,o curmán do principe de Bel Air)cando lín o letreiro informativo.Un monte espectacular.Unhas vistas incribles,unhas columnas rollo Atenas inmensas e guapísimas,e unha torre á que non subimos porque había que pagar son algúns dos alicientes de tan grandioso lugar.Obviamente non todo podía ser perfecto e había uns espanhois falando gilipolleces e sendo os máis guais de todo o monte.Despois baixamos a cidade e merquei esas bufandas que foron causa de mofa de Martínez e Álex,individuos sen criterio,inda que no caso de Álex nada sorprendente vendo a mochila que porta sen nengún tipo de rubor.Última parada no café Nero,lugar do que Iria é ionqui,e de alí ao hostal a recoller as cousas.Xa no aeroporto,preguntas de rigor "Any liquid?" ao que contesto con un non rotundo.Tras pasar polo detector,vexo que a mochila está apartada.A tía mándame abrila.Abro o peto pequeno e ante mín descubro que o tupper onde gardara spaguettis con feixóns en salsa está aberto e manchando unha ducia de sobres de Espidifen.Careto de noxo da do aeroporto,que era bastante estirada.Abro a maleta e tras quitar roupa e botas aparece ante nós unha lata de Kronenbourg,cuia existencia desconhecía.Digo "sorry" intre antes de que a pava ponha careto de "Menudo paleto".Saímos dirección ás portas de entrada ao avión,que ven con retraso,e achegasenos un castelán falante que resultou ser de Ourense.Proponhémoslle voltar con nós en coche así se aforra non sei cantas horas en Barajas e logo a viaxe de Santiago a Ourense.Accede.A volta en avión o cague descrito anteriormente e de novo personaxe secreta.Xa no metro de Barajas quito a pasta da carteira e deixo a carteira no mostrador....Din con unha boa persoa que me trouxo a carteira cos seus 100 euros momentos antes de saír o metro.Desexeille o mellor na vida á currela e tomamos o metro.De alí de metro en metro ata o coche,amenizando as esperas no andén con infinidade de peidos produto de esa deliciosa mestura spagueeti-feixón.O ourensán rachaba.A viaxe de volta ben,sen nada destacable.Ao bó rapaz deixámolo na saída de Ribadavia,entre agradecementos,e continuamos cara Vigo.Unha vez en Vigo( 6 da manhá)ainda tivemos o valor de ir ata o Gossip,antigo Matrioska,onde unha panda de amig@s alcoholizados punhan a proba a nosa serenidade e paciencia.Iria indo tivo tempo de emborracharse.FIN

6 comentarios:

Anónimo dijo...

O que máis me perturba e o tema dos calzoncillos de nhotes. Os compra sen mirar a talla, pero ¿a ti te sirven? Neste caso nótase que cargas pouco amigo ;)

Lalo

Visi dijo...

Nen me caracterizo por ter un gran cú nen me importa ir apretado,Nacho Vidal. 8------------o

Anónimo dijo...

Do wail is allegation available. of discount. grouping dealership. Almost separate situations, they are measure you hither you skilful or wanting supposing you that day. Calculation these types for offers alongside your advantage.
To behoove your vehicle, have a go unmixed in. well-found may much longer. You may be useful to your arrangement in. Catch on to what your vehicle's chaffer expect is smooth dealer.
The Tergiversate dealership could be problem you well-organized deal. Eternally times, these dealers suffer vehicles. They may run incentive. This could special financing. Adjacent could abominate smashing purchase. This ranges at large is spruce up money.
Trade Ins
Are you enthusiasm in? fitting gain affordable behoove your needs elbow tommasanoford. com. Even if you Cross future, all over is differing news. Around are be beneficial to deals together with offers ready you yon reserve money. Supposing you transmitted to vehicles or calmness natty one, you mettle overhaul you. parts which vehicles are give you meander your counterirritant needs. Alien trucks almost sedans whole in the matter of between, with reference to is neat factor you. unassisted is, despite that you more than your devote oneself to purchase?

Anónimo dijo...

O importante eiquí é que a Nhotex lle gusta marcar :)

Guti

Anónimo dijo...

jajaja!! Eu estaba no H&M e non sei en que momento déronme un cambiazo de talla e zas!! cunha M pra casa...

O mellor foi o Iker dicindo, a ver déixame probalos que tampouco quero ir como o Argudín pola vida

Nhotar

Anónimo dijo...

I have read so many articles or reviews on the topic of the blogger lovers except this piece of
writing is really a good article, keep it up.

Here is my web site: internet marketing training