De novo un nazi mata a un xoven antifascista. Pasará 4 ou 5 anos no talego e sairá considerado como un heroe, ou non ( acabo de ver American History X, non sei se a vichedes.) Programas de televisión farán algumha reportaxe e os xornais algumha editorial para quedar de superdemócratas. Pero o problema continua e continuará mentras as mentes máis volubles e influenciables sigan recibindo alimento diario. Non sei se vedes por onde vou. Os aproximadamente 10 mil nazis que se contabilizan en España son só a versión máis violenta e cruda do fascista que millóns de españolitos levan dentro. Cando estes fillos de puta golpean a unha ecuatoriana ,deixan tetrapléxiko a un congoleño ou asasinan a un antifascista, todos os medios claman ao ceo e empezan a pedir responsabilidades ( agora se fala de ilegalizar Democracia Nazional, partido xenófobo e racista que nunca debeu ser legal.... (e a lei de partidos??) ; e que periodicamente sae a rúa a berrar as suas consignas fascistas, ben protexidinhos pola policia ) Pero que pasa cos fascistas de despacho,moito máis sutiles, que copan os medios e alimentan o odio?? Nada. Son demofascistas, elexidos democráticamente gracias a comerlle a olla ao persoal, e con licencia para largar o que lles venha en gana. Son os que idean e aplican a lei de estranxería, os que se manifestan en contra dos dereitos dos homosexuais, os que falan de varrer das ruas a delincuentes e putas, os que " ou eres español" ou eres terrorista. Evidentemente xa sabedes a quen me refiro. E logo están os que o xustifican porque son moi demócratas eles. Exemplo: puto Zapatero co seu puto talante de político calculador ( fixo que ao chegar a casa insulta á sua muller)" Hai que defender a un compatriota, aunque sea adversario" ( coidado ZP, ese discurso patrioteiro barato te delata). É dicir, o importante é defender España; tanto ten que sexa un puto fascista de merda como Aznar. E o máis gracioso: " el respeto a todas las ideas, a todas las formas de pensar y ser".Sempre que acaten a Constitución, faltoulle dicir. Diferencias ideolóxicas aparte, o caso de Batasuna. Dirán que apoian a violencia e o asasinato porque non condean a ETA. E contribuir a guerra de Irak, onde os miles de mortos superan en creces aos de ETA,non é apoiar a violencia e o asasinato, claro, por ponher un exemplo do máis conhecido. Pero bueno, xa se sabe que a guerra é o terrorismo dos fortes e por ser fortes están fortemente protexidos, valga a redundancia. En fin, entre eles se defenden. Por certo, como se lle viu o plumeiro ao puto Bobón, e iso que Chavez pareceme un fantoche. Outro asunto deste luns foi o asasinato dun hincha do Lazio a mans dun policia. O que é a ostia é que todas as putas cadeas falan de disparo accidental. E eu preguntome como conho se te dispara accidentalmente umha pistola causando a morte porque para q se te dispare terás que ter o dedinho no gatillo, digo eu e no moi improbable caso de que realmente fora accidental, a pipa estaría dentro do kartucho do mono e de dispararse... como matas a alguen?? En fin, esta morte pareceme tan accidental como a de Carlo Giuliani., que xa vimos como as gasta a policia de Berlusconi, outro fascista máis ( joder, mira que hai...) Policia asasina. Por certo, de puta madre os italianos que a liaron parda, queimando comissarias e destrozando bancos e demáis. E volvendo aos medios resulta acojonante que sempre tenhen umha excusa para xustificar a pasma, que vela por Todos nós ( ja!). En fin, non sei de que me estrano, é o de sempre, a eterna loita entre os que ostentan o poder e os seus voceiros e @s que odiamos o poder, . Se alguen pode definirse como antifascista é a persoa traballadora, que rexeita toda clase de ideoloxía xenófoba, racista, autoritaria, discriminatoria,intolerante. Xente da rua, non " antifascistas" de postal, que logo entrevistan a Acebes sen cuspirlle a cara.