martes, agosto 22, 2006

Patrimonio arquitectónico vigués

Boas a todos!

Os que pasedes de cando en vez por Taburete xa saberedes que hai un blog dedicado á realidade viguesa que se chama vigoblog. Pois ben, esta xente leva un tempo denunciando casos de aniquilamento do patrimonio vigués como o derribo de Casa Mar ou o nebuloso futuro da panificadora.


Despois da conversa que tivemos na praia algúns de nos, creo que pode ser interesante que botedes un ollo a este novo blog, que descubrín fai poucos minutos. Nel ponse en relevancia o pouco respecto co que se están a tratar pezas que forman parte da nosa historia como cidade e que, ademais, son obras moi singulares e significativas do vangardismo arquitectónico vigués.

tamén: acidadeperdida.org

Saúdos e sempre á vangarda!

No hay comentarios: