VIGO, URBANISMO, ARKITECTURA, PALURDISMO
Joder Nhotes!! Tinhas q estar esta noite na cea da minha casa!! Resulta q , non sei cómo, comezamos a falar do edificio Massó de Cangas e a minha nai comezou a rajar de como pode ser que derruben unha zona así, coa historia q iso ten, que, dacordo que fagan algo pero conservando a estructura q é de paletos cargarse a historia arquitectónica dun povo. E así enlazando e enlazando chegamos a Casa Mar, por iso me lembrei de tí e agora estou escrebendo isto. Total, que a minha vella q solta: " Como o derrubo Casa Mar, q a mín pareceme umha aberración pero como o Faro de Vigo e a Ana Guantes de turno dinnos que ben tirado está pois paletinhos de nós dicimos que sí, q " pa q carallo conservar umha fábrica de peixes de merda, q iso non é moderno" ( a minha vella cando se envenena ten moita conha). Logo tocamos Panificadora, q a van tirar co apoio da maior parte dos viguese seguan a minha nai ( coa unica consevación dos silos por presión do BNG, semella ) , xardíns de Montero Ríos ( lembrades como estaban antes de que fixeran o" paseo" que según a minha vella é pa que a metade das vellas se partan a cadeira,.... novos risos!!) , praza do Berbés ( ao Consuegra había que cortarlle os huevos, según a minha nai, ; Consuegra é o arkitecto q fixo esa merda como podedes supór...), a terraza do Universal ( parece ser q é un Café antigo tipo o Derby de Compostela a dereita de Carral ao que lle suprimiron a terraza.) , etc, etc.. Termina dicindo a minha nai que " Eso sí Toralla e o Hotel Baía seguen aí, q ben lle podían plantar dinamita". Todo isto aderezado con comentarios sobre a palurdez da poboación viguesa e a tendencia a modernidade necia e que " Vigo é umha cidade que non ten respeto pola sua historia arkitectónica, que non é unha Historia de catedrais e igrexas pero que a ten e hai k defendela." Ante estas ultimas palabras saio cagando virutas dirección blog pa transcribir estas palabras tan sabias., non sen antes dicirlle á minha nai ke se Nhotes estivera akí dariache un bico no cú.PD: Nhotes, non é que nos esteamos convertindo nun pueblacho marulo. Xa o eramos, A Arkitectura e o Urbanismo son só un reflexo máis, penso eu; inda q non podemos obviar a falta de control que a poboación ten sobre o que se fai na sua cidade ( xa sabemos como vai o tema, votasme , durante 4 anos fago o k kero cos teus votos, entretanto os adláteres da prensa comerante a olla pa q creas q o q fago está ben e eu entre tanto venderei a cidade ao capital sacando a minha tallada proporcional.... Garzón non nos peches o blog, hijo puta!!!). oi!
1 comentario:
Con isto que dis dame a impresión de que os máis catetos de todos son os políticuchos aldeanos que temos no concello.
E despois, o de sempre, que os que pensamos diferente estamos tan ocupados nas nosas cousas que non temos forza de presión política. Habería que montar unha gorda, pero estou tan liado que non podo nin pensar o que supón todo o coñazo de panfletos, carteis, dar a brasa, comer orellas...
P.D.: A túa nai sempre tivo criterio
Publicar un comentario