martes, octubre 03, 2006

O RETORNO DUN ESTUDANTE


Hoxe regresaba à universidade despois dun ano sen fazelo. A proba semellaba dura. Erguerme as 5.35 da manhá, collerme un Vitrasa ata a estacion de tren e unha vez alí sair as 6.45 direccion Santiago. Chegar as 8.15 da mañá e comezar o curso con un tostonazo de campionato: Formacion e Orientacion Ocupacional; probablemente a ke + ghena me dea da carreira. Pois ben, proba superada. E iso que as 3 da madrugada ainda estaba esperto, xa que o día anterior espertara a 1 da tarde. Como podedes imaxinar urdin un plan para acadar o sono e a miña mente propocionoume a solucion, e non me refiro a contar ovellas precisamente. Minutos despois durmia como un bebé ata as xa mencionads putas 5. 35 nas q o aparello bastardo empezou a montala sen compaixon nengunha por min.
Unha vez alí aledoume comprobar que non son o unico impresentable da miña promoción que ainda non rematou e puiden charlar un anaco con dito pavo ( pavo tiña que ser) e acoplarme de mala maneira ao seu grupo de traballo. Tamen vin máis caras amigas e coñecidas das que agardaba, así que o reencontro estivo ben.
PD: A afoto corresponde à miña facultade. Sei ke é umha puta merda, pero hai ke foderse.
PD2: Aproveito para despedirme de Nhotes, se é ke xa se foi.

1 comentario:

Saul dijo...

Muy bien Visi!!!
Ahora a volver a los jueves universitario...jajja
Centrate y que te salga todo bien.
Unha aperta