Selección viguesa, xa!
Xa temos os trinta convocados pra selección galega. Destacar a lamentábel presenza de Otero e Fran. Deixando claro a filosofía pachanguera do cadro dirixido por Iglesias e Vázquez.
Entre estes xogadores galegos, quixera destacar ó vigués Capi, un xogador humilde e traballador que estivo conmigo no Celta, nos catro anos que vestín a "gloriosa" camisola celeste. Xosé María Freire, o millor adestrador que coñecín, e que me bautizou como Piño, foi tamén o que decidiu que Capi, en detrimento de Fraguas, fora o capitán (de ahí o apodo) do equipo de alevíns. (equipo que, se exceptuamos os partidos do Apóstol nos que Alberto -exCeltaB- chosqueba, só encaixou 2 goles en todo o campeonato)
E xa que estamos a tratar as conspiracións deportivas, creo que é preciso comentar os derroteiros que seguiu a historia, pois ó ano seguinte Freire, por non ser un bo lambecús, foi expulsado da canteira do Celta a un cemiterio como é a Escola das Travesas, eu marchei destrozado anímicamente cara ó Bouzas despois dos infomes negativos de Luís Cameselle* e resulta que Capi (descoñezo as razóns pero as podo imaxinar) recalou, anos despois, nas ringleiras do Zaragoza...
Ante tanta patraña, dende aquí, animo á desobediencia civil ata que non se forme unha selección viguesa seria e que conte con Freire coma adestrador!!
*Despois de catro anos coma titular, Cameselle botoume desa opsición en beneficio do neto de Hermidita (ata entón suplente). Só xoguei os noventa minutos en dous partidos, e marquei dous goles en cada un. E noutra ocasión, curiosamente, despois de saltar ó campo a falta de 15 minutos pra o final, cun resultado adverso de 0-3 e meter 1 gol e dar a asistencia de 3máis (final 4-3), este adestrador decidiu non convocarme pra o seguinte encontro (con doce anos de idade) -tiña que dicilo ainda que fose en letra miúda-
3 comentarios:
bueno. Por fim podo ponher algo inda q seja através do nome doutra persoa, pois a pesar das invitacions q se me mandarom nom consigo aceder ao blog.Umhas veces falla a senha, outra o nome do usuario... eu nom sei, pa mim q nom queredes oír as minhas opinions, jejejej....
Artigo do 7 do Patos no blog, xa!!
El que usurpa mi nombre es Iker, que ni se digna a identificarse. Para la próxima identifícate!!!!!
Publicar un comentario