Debate
Moi boas. Paréceme interesante debatir un pouco neste blog sobre un tema de actualidade nas universidades como é a reforma que plantexa o Tratado de Bolonia. Posto que moitos de nós xa non estamos na universidade ou os que sí estamos, xa pasamos un pouco do tema, interésame coñecer unhas opinións máis aló das rexeitas típicas dos grupos de presión universitarios.
Pois ben, o tema, aínda que non estou moi posto, é que por mor deste tratado, pensado (iso di a a parte oficial) para facer unha educación común en toda europa, estanse a levar cabo unha reforma nas licenciaturas, desaparecnedo algunhas coma humanidades, historia da arte ou enxeñería de camiños. Non sei como afecta á enxeñería industrial, nin a relacións laborais e creo que traballo e educación social seguirán. Antropoloxía polo que me toca, pasará a ser unha licenciatura de catro anos e deixará de ser un segundo ciclo. Todo un éxito éste, do que teño que estar orguioso posto que fomos dúas compañeiras máis eu os que redactamos o manifiesto que firmaron tódalas facultades de Antropoloxía do estado como expresión da opinión dos alumnos.
Na redacción desde manifiesto alegábamos primeiro que Antropoloxía ten un nome proprio en toda Europa e América e ademáis que tiña milleiros de aplicacións posibeis na realidade da nosa sociedade. A crítica que levantoou este manifesto, e xa tíñamos claro que sería así, foi a dos grupos máis "radicais" que rexeitaban de plano o tratado. A típica disputa entre reforma ou revolución.
Estes grupos rexeitan o tratado por consideralo unha venta en toda regra do sistema universitario ó sistema capitalista. Explican que o que está detrás de todo é unha venta do sitema universitario ós intereses das empresas (consiste en facer traballadores precarios).
Estou bastante dacordo con esta apreciación. Pero pregunto, creedes que é negativo ca universidade se adapte ós trocos do mercado laboral?? A qué prezo??
E plantexo tamén, é peor a tiranía do capital ou do estado??
E pra os máis fanáticos, Reforma ou Revolución? Negociación ou Loita??
foto y + información en acmecadiz
5 comentarios:
Dende o meu punto de vista de traballador e non-universitario, penso que está un pouco claro que á universidade lle fai falta unha reforma. A maioria da xente que sae das universidades non goza dunha preparación para a súa entrada no mercado laboral, a teoría está moi ben, pero a práctica é o que necesita un estudiante para traballar nunha empresa. No 95%(calculo estimativo) dos casos a xente sae sen saber que pode facer e aportar a unha empresa. Hai dúas solucións: dirixir a universidade máis a realidade do mercado ou obrigar ás empresas a coller a universitarios. Está claro que esta última opción é unha utopía, posto que as empresas nunca aceptarían ter que escoller a alguén obrigatoriamente (dille ti a unha empresa familiar que escolla a un tío calquera en lugar do sobriño de Verín). É moi romantico e bonito estudiar humanidades ou historia da arte, pero creo que ninguén coñece a alguén que as estudiase e se dedique a algo relacionado, pq na maioría dos casos de este tipo de carreiras a xente vese obrigada a completar os seus estudios, opositar ou buscar un traballo moi diferente do que estudiou. Se vas a universidade é para aprender un oficio (salvo contadas excepcions), polo que sí é certo que se vende a xente ó capital, pero creo que hoxe en día é do que se trata.
Creo que me liei un pouco, pero es que son as 10: da mañán
Pero pregunto, creedes que é negativo ca universidade se adapte ós trocos do mercado laboral??
Non
A qué prezo??
1500€ por un PA (Progresa Adecuad)
200€ por un NM (Necesita Mejorar)
E plantexo tamén, é peor a tiranía do capital ou do estado??
A do estado e súa capital
E pra os máis fanáticos, Reforma ou Revolución?
Revolución
Negociación ou Loita??
Loita
Esta claro q hay q actualizar as titulacións á realidade do mercado laboral. Non hay q confundir anticapitalismo con irraciocinio. P. Ej. inxeniería de camiños dame un pouco a risa, polo menos q lle cambien o nome.
Ainda así non creo que teñan q desaparecer todas as titulacións q non son reclamadas por empresas, pq as fontes do coñecemento humano teñen q preservarse. Ten q haber filosofos, ainda q non sirvan para nada, e as empresas non os contraten. Escriben libros ou adoctrinan ós xoves nos institutos, e cumplen una función social.
Saúdos a todos/as.
Poño o exemplo da miña nai, profesora do CUVI. Según ela, un alumno/a que acaba a carreira de Empresariais, está case que obligado a facer algún tipo de especialización (máster ou similar) ou seguir estudiando para poder desenvolverse nalgunha empresa.
Está claro que fai falla unha reforma pero xa.
Oi!
Na miña opinión (no texto do blog tratei de ser aséptico) un dos problemas das licenciaturas é a súa masificación (básicamente dende que todo o mundo pode estudiar carreiras e hai unha universidade por población é moi complicado antender a esta demanda. Non é que esté en contra da democratización, pero isto é un problema)
E outro a longa duración das carreiras. Penso que deberían ser, como máximo de tres anos, de educación superior máis orientada e despois facer especializacións tipo masters (públicos) de un ano, máximos dous.
Ademáis estou a fovor dunha maior interacción da universidade co mercado posto que co efecto burbulla que hai agora mesmo, somentes proliferan os lambecús e unha formación retrógrada, onde a maior representación de ideas avanzadas consiste en arcaicos plantexamentas pseudocomunistas (polo menos nas ciencias sociais). Con tódolos respectos pra nai de Carlos que me consta que é unha profesional excepcional (sí, excepcional)
Educación gratuita de calidade e con interacción ca realidade!
Publicar un comentario