Lotinazo vivo!!
Véxome na obriga de comentar que onte en Aluche viviuse unha xornada épica pra historia do futebol. Nunha noite de reencontro cos meus ex-compas de piso, decidimos pasar a noite de sábado privando e xogando ó PRO. Tras un total de catro ligas, erixinme vencedor das dúas últimas. Certo é que unha co invencible Milan e outra ca Juve. Pero con esta última escadra me mantiven invicto e advirto que son temible. Co Sr. Trezeguet fago o que quero, destacando os seus goles que lograron unha épica remontada contra o Barça de Jorge (un auténtico vicioso da play) que rematou cun glorioso 4-2 ó meu favor. Cos equipos italianos aplico uns lotinazos impepinables e dende aquí quero retar a todo aquel que desexe comprobalo en Elduayen.
Saúdos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario