viernes, marzo 03, 2006

Repopcomendaciones II

Boas a todos/as.
Vou recomendar uns cantos grupos pop para os/as interesados/as. Ter en conta que ningún deles está agora en activo, pero pódense encontrar as cancións en mp3 no emule na maioría dos casos.


Primeiramente destacarei a Los Bólidos, formación madrileña do ano 1980 que só editou un single de 4 cancións. Son do mellor que é escoitado, e a voz da cantante simplemente perfecta.


Outro grupo que tamén empezou nese mesmo ano son Brighton 64, pero non publicaron o seu primeiro single ata o ano 1982. Estes si que tiveron unha carrera máis longa, e despois seguiron evolucionando de estilos con diferentes nomes (Brighatones, Matamala...). Facían pop misturado con R&B e Soul.
O seguinte grupo tamén tivo unha corta existencia (só durou a primeira metade do ano 1980) pero moita incidencia a posteriori, xa que case que todos os seus membros despois farían "historia" na música estatal.
Refírome a Ejecutivos Agresivos, grupo no que estaban futuros membros de Gabinete Caligari, Derribos Arias, Radio Futura ou Paraíso entre outros. A vida deste grupo estivo marcada pola comercialidade das súas cancións, e, unha delas, incluso foi unha das "cancións do verano" de 1980. Refírome á mítica "Mari Pili". Este grupo ten un só single editado mentras estiveron activos, e un miniLP e outro single máis que foron sacados en 1986.
Continuamos con outro grupo fantasma (só teñen un LP) madrileño, este na mesma onda que Brighton 64, é dicir, música negra fusionada con pop. Estamos a falar dos Escándalos, que xunto cos Flash Strato e os Esqueletos foron os grupos máis seguidos polos mods da época na capital do estado. Os tres tiveron vidas paralelas, xa que desapareceron en 1983. Os primeiros como dixemos cun só LP editado, os segundos cun single de 3 cancións e un maxi de 3 temas tamén, e os terceros cun só single de 3 cancións. Sen dúbida Flash Strato fixo a mellor canción pop da historia da música estatal, como é "Madrid en tecnicolor".



Outro grupo importante, esta vez dende Murcia, foi Farmacia de Guardia, que empezou como grupo punk (cun single no ano 1982) e evolucionou a unha onda máis pop ou nueva-ola. É un caso moi similar aos tristemente célebres Seguridad Social, que tamén empezaron facendo punk e evolucionaron (??) a rumbitas e cousas indefinibles. O tema máis mítico desta banda é "Ella es demoledora", que seguro que os sona a todos/as. Editaron 3 LP´s (dous deles creo que están no emule) e uns cantos singles. O seu mellor LP sacárono no ano 1985, os restantes non son moi bos (na miña humilde opinión).

Para finalizar falarei dos Glutamato Ye-yé, que tiveron unha longa existencia dentro do panorama musical dos 80's e principios dos 90's, seguindo sempre unha mesma liña musical. Empezaron en 1981 e no ano seguinte publicaron un single de 4 cancións que foi un dos "superventas" desa época dentro das discográficas independentes (xunto a Siniestro Total ou Aviador Dro por exemplo). Destacan polas súas letras ácidas e irónicas, e musicalmente son do mellor dos grupos citados aquí. Súa é a canción "Todos los negritos tienen hambre y frío", un auténtico himno na súa época. Comentar que este grupo pertencía ás chamadas "Hornadas Hirritantes", colectivo que estaba en contra do que eles denominaban "pop baboso", é dicir, o pop de grupos como Nacha Pop ou Los Secretos, grupos que as súas primeiras letras só eran de amor, amor e de desamor. Glutamato ten 6 LP's e mogollón de singles, e case toda a súa discografía está disponible no emule.

O quen quera pode pedirme a min calquera destes grupos ou similares, xa que o teño todo en mp3. Ou pasarse por Elduayen a escoitalos. Saúdos cordiais.

Chal-lee

5 comentarios:

Visi dijo...

en boss-sounds.com , no apartado pop-mod venhem uns cantos grupos. Nom som moitos pero algo é algo dixo un skin cando se atopou um secador de pelo

nhotex dijo...

Grande Chal-lee. Terei en conta todos estes grupos. Desde a miña humilde opinión destacar Ejecutivos Agrsivos e Glutamato Ye-yé. Tamén boto en falta a Ana Curra, pero se cadra non entra na etiqueta POP.
Saúdos!!

Chal-lee dijo...

Saúdos a todos/as.
Certo é o que apunta o Sr. Nhotex. Plos/as entendidos/as Ana Curra non é considerada pop, senón gótica-siniestra.
O próximo artigo será de recomendacións deste marabilloso e enigmático estilo.
Ata entón.


Chal-lee

nhotex dijo...

Agardo con ansiedade por ese enigmático artigo!!

Anónimo dijo...

aqui argucias y yo estamos adentrándonos en el mundo del ska ye-ye a golpe de domingo y hemos encontrado unos temazos que te cuen, argu promete escribir un artículo al respecto pero os aconsejo para abrir boca la descarga de un par de versiones de "Las 4 Monedas" por título: "lo consigues si lo quieres tu" y "hermosa gente, mundo bonito" vaya temazos!!